A Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo cumpre 20 anos de vida e de loita contra a violencia de xénero. Un aniversario ao que se quixo sumar o Grupo Radio Vigo coa posta en marcha da campaña «non che quere» tanto nas emisoras radiofónicas do grupo (M80, Cadena Dial e Os 40) como en Televigo, de concienciación que arrincará este sábado.

Unha xénese que chegou inicialmente con máis ganas que medios, xa que se trataba dun movemento case espontáneo que naceu da indignación e que aos poucos foi gañando o apoio das institucións e a clase política. Xurdiu inicialmente en Madrid, no ano 1997, e naquel proxecto incipiente estaba a traballar a vogal da muller da Federación de Asociacións Veciñais Eduardo Chao (FAVEC), Rosa Fontaíña, que converteu a Vigo na primeira cidade de España en por o proxecto en marcha.

No ano 1998 a cidade contaba xa con medio centenar de mulleres participando no proxecto, a maioría procedentes do movemento veciñal que xa viñan traballando a favor dos dereitos das mulleres.
No ano 2003 constituíronse como unha organización de mulleres, polo que a partir dese ano «A Rede ven realizando diferentes actividades, todas elas encamiñadas á recuperación integral dás mulleres: terapias de grupo para vítimas de violencia de xénero, encontros multiculturais, encontros entre xeracións, cursos de resolución de conflitos, terapias dá risa, saídas culturais,…»

Aínda que na actualidade a violencia de xénero xa está recoñecido pola sociedade como un dos principais problemas, desde A Rede seguen concentrándose, desde hai 20 anos, de forma inesgotable, o último xoves de cada mes convertendo neste tempo, por exemplo, a escaleira do museo MARCO de Vigo nun punto de reivindicación feminista, aínda que recoñecen que aínda queda moito por facer. Por iso, Radio Vigo, Televigo e a Rede puxeron en marcha a campaña «non che quere», na que coñecidos rostros e voces deste medio lembran ás vítimas que no amor non todo vale.
Unha campaña que empezará a saír a antena este fin de semana e que está especialmente orientada aos mozos/as, un dos colectivos máis vulnerables nestes momentos ante a violencia machista, así como ao correcto uso das novas tecnoloxías e redes sociais, como elementos de conciliación e liberdade e non ferramentas de control, ameaza e castigo.

https://cadenaser.com/emisora/2018/09/21/radio_vigo/1537551277_296291.html

SAÍR RÁPIDO