Dende a Rede de Mulleres queremos convidarvos á xornada que se vai levar a cabo o 10 de Setembro na Deputación de Pontevedra en Vigo.
Nesta xornada, «A autoorganización como resposta á Violencia de Xénero», contaremos con tres asociacións como son Alborada, co seu Programa Casandra, Fundación Diagrama e O Soño de Lilith. Falarannos das súas respectivas entidades e proxectos, coñecendo de primeira man a súa experiencia no traballo que implica a eliminación da violencia de xénero e todo o que conleva.
Esperámosvos o 10 de Setembro na Rúa Eduardo Chao, 17 (Deputación de Pontevedra en Vigo), nesta xornada que dará comezo ás 17h e rematará ás 20h.
Podedes anotarvos:
- A través do formulario que vos deixamos a continuación: https://forms.gle/DkRxNwuNzLvb18gx5
- Chamando a un dos nosos teléfonos 670453431 /986222328
- Na nosa oficina, R/Oliva 12, 2°
Estaremos encantadas de veros, así que, anotádevos canto antes!
