Con noticias como ésta: “A Audiencia de Vigo confirma a custodia compartida para un divorciado condenado por malos tratos” publicada o 3 de xuño de 2021 en Faro de Vigo, vexe o intento por parte dos tribunais de normalizar e favorecer o outorgamento da custodia compartida, deslexitimando as recentes políticas, movementos e leis de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.

Vimos observando un incremento da custodia compartida aínda que a nai estea en contra,  fundamentándose no interese do menor e na corresponsabilidade de ambos proxenitores.

Rexeitamos a imposición xudicial obrigatoria polos efectos negativos que conleva para as mulleres e @s menores. Cando son as vías xudiciais as que obrigan a este tipo de custodia, vense afectadas as pautas das crianzas, aumentando en moitas ocasións os enfrontamentos entre os país e perxudicando o desenrolo evolutivo, emocional, e social d@s fill@s, desencadeando en problemas académicos, alimenticios, depresivos, agresividade, ansiedade,medos, síntomas regresivos, creando traumas e véndose  afectada a súa estabilidade física e emocional.

O incremento das custodias compartidas poden esconder en moitas ocasións o intento dalgúns homes de evitar o pago das pensións alimenticias e a cesión do uso do domicilio familiar, así como unha forma de exercer control, dominio e manipulación sobre a muller a través d@s fill@s.

Defendemos unha corresponsabilidade de ambos proxenitores na crianza, pero ésta debe facerse dende o nacemento, non dende a separación . Pais que durante anos despreocupáronse totalmente d@s fill@s , agora no xulgado aseguran ser bos país ou que o van a ser, pero primeiro teñen que demostralo. Así como tamén nos procedementos de violencia psicolóxica esixen probas contundentes e  non é suficiente cá aseveración da muller, nin sequera ás veces basta con informes médicos e psicolóxico. Non pode bastar dicir que se é bo pai,  un pai é bo pai polo que fai, e non por dicilo.

Así como consideramos que non debe impoñerse a custodia compartida si ambos proxenitores non están dacordo, debe ser rexeitada totalmente nos casos de indicios de violencia de xénero.

O artigo 92 do código civil no que se establece que non procederá a custodia conxunta en casos de violencia, non pode ser interpretado de forma laxa, se non aplicándose de forma firme e contundente.

Si unha vez acreditada e condenada a conducta violenta posteriormente o xulgador pode interpretar de forma laxa o artigo e otorgar a custodia compartida, pode levarnos novamente a una forma de atentar contra as mulleres, quedando forzosa e obrigatoriamente vinculadas co seu maltratador. As mulleres poderían chegar a acordos accedendo a custodias compartidas por medo o maltratador. Cando existe unha relación de violencia, os acordos non se otorgan nunha posición igualitaria se non ante unha situación de abuso e poder do home sobre a muller. Non estamos ante meras discrepancias entre proxenitores propias das crisis matrimoniais, se non ante conductas de maltrato vexatorias e dañinas, que constituen conductas de desprecio e dominación,  facéndose imposible coordinar o coidado d@s fill@s.

Dende a Rede de forma reiterada, insistimos en que un maltratador nunca pode ser un bo pai. A violencia física e/ou psicolóxica exercida polo pai,  que na maioría das veces persiste ou incluso increméntase o cesar a convivencia, leva @s cativ@s a provocarlles traumas e sufrimentos físicos e psicolóxicos. Temos que alonxar @s menores de crecer nun entorno violento, sen o abuso, poder e dominación por parte do pai, para que podan crecer con cariño, nun ambiente respectuoso con seguridade e confianza.

Consideramos necesario que @s xulgadores/as e @s Fiscais encargad@s dos procedementos de Familia se lles esixa unha especialización xurídica con perspectiva de xénero.

https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2021/06/03/audiencia-vigo-confirma-custodia-compartida-52545799.html

SAÍR RÁPIDO